Ir al contenido principal

PINTURA EN ACCIÓN -Action painting


Un novo exercicio inspirado no  vídeo CRASH de SUSO 33.  ¡¡ACCCCTIÓNNN PAINTIIIIINGGG¡¡¡¡¡¡ LIBERASSAOOOOOO¡


  • Realización dun debuxo de gran formato que traballaredes en tempo record .
  • O obxectivo será o desenvolvemento das técnicas e prácticas de captación, retención e expresión das formas naturais na súa dinámica vital e funcional, baseados lóxicamente no debuxo dun modelo, trátase de chegar a superar o concepto de debuxo estático, percibindo o dinamismo vital que a propia pintura ten: PINTURA + ACCIÓN
  • SUSO 33



OBXECTIVOS:
  1. Ruptura total co referente real , non precisaremos que se pareza á modelo , captaremos a súa esencia.
  2. Predominio do espontáneo.
  3. Valoración do accidental e explotación do azar como recurso operativo.
  4. O que nos importa é o procesoacto de pintar máis que o contido.
  5. Predominio do trazo gestual en expresións de gran dinamismo.
         Un representante deste movemento é  Jackson Pollock(1912-1956) http://www.jacksonpollock.com/ , e o seu"Action painting" , que consistía en situar o lenzo (sempre de grandes dimensións) a rentes do chan e utilizar os pinceis de forma ríxida, contundente e con movementos rápidos, bruscos e autómatas. Busca o desprazamento do propio artista ao redor do lenzo para sincronizar ese movemento. Isto é a clave que representa o carácter marcado da súa obra . Desta gran concepción da pintura desátase outra das técnicas creadas por este gran xenio; o "dripping". Isto consiste na utilización da pintura con toda a súa propia vitalidade e dinamismo puro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

MARUJA MALLO, A mensaxe do mar

Pronto celebramos o Día das Artes Galegas, este ano dedicado a Maruja Mallo.
Empezamos interpretando a obra "A mensaxe do mar ,  pronto pasaremos á fase produción,  animación, e exposición o 1 de ABRIL
Os alumnos e alumnas de debuxo artístico atópanse na fase de produción artística, estamos envoltos na preparación dunha exposición homenaxe , onde teremos todo tipo de obra , desde instalacións artísticas, animacións, arte dixital a ilustracións e obra gráfica variada do alumnado ao redor desta xenial artista .




ILUSTRACIÓNS






Arte e natureza (parte I) O outono é o noso lenzo

Arte e natureza (parte I) O outono é o noso lenzo
 Para este proxecto artístico inspirámonos no movemento artístico Land art: a natureza como lenzo .

O principio fundamental do Land Art é alterar, cun sentido artístico, a paisaxe, para producir o máximo de efectos e sensacións no observador.
Nesta 1º fase da que teremos algunhas accións máis utilizamos os elementos naturais de forma sustentable na práctica das nosas  creaciónes.
Dentro do Proxecto transformando realidades utilizamos como lenzo as follas secas que nos atopamos estes días no patio do noso IES, este é o noso  tributo á natureza, transformando as follas en interpretacións de obras de arte e dándolles unha segunda vida.

Tamén queremos cambiar o  hábito de usar e tirar tan arraigado na nosa sociedade  e educar na reciclaxe  , todo pode ser transformado nunha obra de ARTE , inspirandonos no Drap-Art  , e apostando por unha ARTE SUSTENTABLE

Despois do traballo na folla , realizouse unha foto composición que será a obra expos…

AcercARTE , Moaña +Buenos Aires, “algo de mi lugar en el tuyo” ANTONIO+JESSICA ALFANO

FOTOMONTAJE ANTONIO 


Deixo aquí unha ligazón con todos os códigos QR elaborados  por Marcela Giuffridacos marabilloso traballos dos seus alumn@s.

https://drive.google.com/drive/folders/0B4WWYqflG_88dzBjb09pbUdCajg