"ROSALÍA AS BARXAS" ,1º ACCIÓN -"BERRAN os MUROS"



ROSALÍA AS BARXAS é un traballo fruto da coordinación  do EDNL (Brais Pérez ) e  o departamento de educación plástica do IES as Barxas. 

Aquí deixo este vídeo  co proceso de realización do MURAL  "ROSALÍA AS BARXAS"  realizado polas miñas alumnas e alumnos de DEBUXO ARTÍSTICO de 1º BACH , contamos coa axuda dos alumn@s de EDUCACIÓN PLÁSTICA de 4º ESO e do seu profe Chema, que se encargaron de preparar o muro e pintalo de branco.

Unha vez preparado o muro , realizamos o  deseño dixital do mural , unha mestura entre "a liberdade guiando ao pobo" e a nosa querida  Rosalía, xunto a ela, unhas rosas violeta, símbolo dun "remuiño violeta" nacido o ano pasado no corazón do IES as Barxas .

 Para finalizar incluímos un código QR que vos levará a un vídeo poema dos alumn@s de 2º Bach de debuxo artístico , premiado o ano pasado no festival audiovisual Olloboi.


A nosa inspiración, un mural de Banksy creado  nunha parede situada fronte á embaixada francesa en Londres, no debuxo critica o uso de gas lacrimóxeno no campo de refuxiados coñecido  próximo á localidade de Calais , neste grafiti o artista inclúe por primeira vez un código QR , esta idea encantounos.

A arte está na rúa e os muros berran.

Nós SI cremos que a arte pode cambiar o mundo.

O DESEÑO










OS ARTISTAS 

















Agradecementos a :
  •  MªJosé Soto por vir ás 10 da noite a axudarnos a sacar o debuxo.
  •  Cervexeria Fairies​ pola súa   boa disposición a colaborar sempre nos nosos proxectos.
  • Ao concello de Moaña e aos seus operarios por  limpar o muro e  facilitarnos o material para a creación do mesmo.



Comentarios

Entradas populares