miércoles, 5 de julio de 2017

EU SON MARUJA MALLO




Exposición homenaxe á pintora Maruja Mallo  “EU SON MARUJA”
 As obras foron realizadas polo alumnado de bacharelato de Debuxo Artístico, dirixido pola profesora Luz Beloso, e comisariadas polo alumnado de Economía  dirixido pola profesora M Jose Soto .

 A mostra consta dunha serie de instalación e distintas obras artísticas (tridimensionais nalgúns casos), ao redor da GRAN MARUJA MALLO, muller e artista galega de carácter transgresor á que este ano se lle dedicou o Día das Artes Galegas.

Cada obra artística utiliza como parte da composición o propio hall do IES AS BARXAS, ademais de obxectos realizados con material de reciclaxe, cartóns, ramas, redes, etc. Tamén podemos atopar as últimas tendencias no campo das animacións, arte dixital, ilustracións e realidade aumentada, coa pretensión de encher o espazo do espíritu surrealista de Maruja, onde o espectador é convidado a moverse ao redor da peza e interactuar con ela.

Esta exposición homenaxe pretende ser un alegato en defensa dos dereitos da muller e ao dereito de facer visible tanto a Maruja coma a súa obra, tan inxustamente esquecida durante anos.

A experiencia forma parte do proxecto TRANSFORMANDO REALIDADES, premiado pola “Plataforma Proyecta Innovación”, co obxectivo de crear e xestionar un centro de arte contemporánea no IES AS BARXAS e que pode seguirse a través da web do proxecto: https://luzbelos.wixsite.com/eusonmarujamallo







No hay comentarios:

Publicar un comentario