PREMIO ARTespacios, para o IES MARIA SOLIÑO

 

 PREMIO " ARTEspacios " ca expo "Samain" realizada co alumnado de 2 BACH de Debuxo Artístico do bacharelato de ARTES no IES María Soliño , Cangas .
Hai anos que me presento ao concurso ARTEspacios animada pola querida e admirada Ángeles Saura, un necesario e marabilloso concurso que dirixe e pon en valor a Educación ARTÍSTICA.
A falta de espazo para expoñer no noso centro coas paredes cheas de cadros de alumnado pasado , decidimos expoñer polo aire , na cúpula do IES María Soliño , a idea é seguir buscando un espazo aberto no centro á exposicións de traballos do alumnado presente, que sexa dinámico e itinerante . 
O premio está patrocínano pola UAM (Universidade Autónoma de Madrid) en colaboración coa Cátedra UNESCO , UAM de Educación para a Xustiza Social, 09+ (Federación de Asociacións de Profesores de Debuxo de España, InSEA (Organización Mundial da Educación pola arte) e AULA (Feira Educación de Madrid), o xurado é Ángeles Saura (Instituto DEMOSPAZ- UAM), Inmaculada Rosal( GICE- UAM), Reyes Castilla(Cátedra UNESCO UAM), Xelo Serrano (Presidenta Federación 09+ de Asociacións Docentes DEBUXO), José María Murillo (Presidente de Asociación de Profesores de Debuxo de Madrid),Teresa Eça, Isabel Moreno e Ricard Huerta ( InSEA) e Lola González (AULA- IFEMA) 
Ver esta publicación en Instagram

Samain #iesmariasoliño

Una publicación compartida de SomosARTE (@somosarteducacion) el

Comentarios

Entradas populares