A ARTE É VIDA, A VIDA É ARTE


"Todo ser humano é depositario dunha forza creativa"
"Existe unha creatividade latente en todas as esferas do traballo humano"
"Cada acto é unha obra de arte "
"O día en que os artist@s , e con este termo entendo a todos os homes e mulleres creador@s, se den conta da forza revolucionaria da arte, entendida precisamente como creatividade, comprenderán que arte e a ciencia teñen os mesmos obxectivos. Por iso afirmo: "A revolución somos nós" en todas as miñas accións trato de que o home tome conciencia das súas posibilidades creativas, as únicas que poden darlle a liberdade".
"Creo que o sistema non ten ningún instrumento adecuado de loita contra o desexo de liberdade do home". 
Estas son algunhas frases de Joseph Beuys o responsable da introdución do happening en Europa e en Alemania a comezos da década dos 60, e tamén da evolución da chamada "Arte da acción" que comprende o suceso ou acción artística 
Hoxe non buscamos o parecido, hoxe decidimos pintar  a felicidade.
 Non tratamos de pintar vida, tratamos de facer viva a pintura, non temos modelos nin a escravitude de buscar un parecido só queremos sentir a pintura , a súa maxia , a súa lixeireza, a súa intensidade, mesturarnos con ela e gozar co ACTO de pintar, sen medos , con confianza , con LIBERDADE.
Da pintura de obxectos á pintura como obxecto.
Hoxe seguimos a Joseph Beuys e temos tod@s o rostro cuberto de mel.


videoarte on PhotoPach













      Facede da vosa vida unha obra de arte

    Comentarios

    1. Sacandole partido a la nueva cámara, Felicidades! Muy buenas fotografias, me alegra ver caras conocidas que ya disfrutan del reecuentro con tu maestría. Este nuevo blog promete ser muy interesante. Saludos

      ResponderEliminar
    2. Muchas Gracias Joseb ..ganas de verte..un besazo..
      Luz

      ResponderEliminar

    Publicar un comentario

    Entradas populares